Remedios naturais

As nosas participantes teñen aportado unha serie de remedios naturais para o resfriado e o alivio dos sintomas gripais, ademais de remedios para os problemas de pel nos nosos pequenos e no entanto das mamás, mastite e outras pormenores nas nais lactantes.

Valeria A., ofrecenos a súa receta a base de allo, con efectos antibiótico e antibacteriano, e que reforza o noso sistema inmune.  Prepárase poñendo a ferver un cuarto de vaso de auga xunto con un dente de allo esmagado. A continuación engádese o zumo de medio limón e unha cullerada de mel. Deixase enfriar e tómase a pequenos grolos.

Dianettis por exemplo, recomenda polvos de yuca para calmar a reacción que os pañais provocan no cuíño dos bebés, aplicando simplemente unha fina capa de yuca sobre o cuíño xa limpo tras o cambio de pañal. Deste xeito mantemos o seu cuíño fresco.

Paula R. suxire para calmar a pel dos nosos pequenos, a caléndula, mediante a preparación dun aceite de caléndula (deixando macerar ao sol durante 0 días flores de caléndula en aceite de oliva virxe). Outro remedio consiste en encher un calcetín con copos de avea e introducilo na auga de baño.

María José I. ten sempre a man aceite de caléndula para aplicar sobre a pel e sinala os sempre bós resultados.

Para os procesos catarrais, Cristina G. prepara infusión de tomillo con mel, ou para a dor de gorxa e conxestión dos primeiros días, xarope de mel e limón lentamente cociñado e tomalo antes de ir para a cama.

Algunhas avoas da nosa zona tomaban sopa de ourego para os sintomas gripais. Outro remedio que nos aportan é cortar unha cebola e poñela na mesilla da cama durante toda a noite.

Ana R. normalmente prepara infusión de tomillo ou romeo con mel e limón. Tamén emprega aceites esenciais (lavanda, eucalipto, tomillo) en aceite de améndoa para posteriormente masaxear o peito, o pescozo ou a planta dos pés.

A nosa compañeira de Guatemala Lorena Q. prepara allo esmagado con mel para os catarros e dores de gorxa, atribuindo os bós resultados deste preparado á alicina do allo.

Patricia F. da algúns consellos para as mastites e ingurxitacións do peito. Para iso aplicase a modo de cataplasma unha folla de repolo ou col, previamente esmagada cun rolo que parte os nervios da folla. Colócase a folla así preparada sobre o peito, por debaixo do suxeitador. Cando a folla está como cocida, procédese a cambiala por outra preparada do mesmo xeito.

Arroas cóntanos ademais como as follas de col podense tamén usar para curar e cicatrizar feridas, queimaduras e úlceras.