motherhood

ser parteira. Entrevista con Sofía González Salgado

Cristina Gende: Como chegaches a esta profesión? Foi máis unha fuxida da enfermaría, cansa da
inestabilidade laboral e a falla de autonomía
Sofía González Salgado: En que momento empezas a buscar outra maneira de asistir partos? Tiven un
primeiro momento de crise de fe, en 2005, cando empecei a ler sobre parto fisiolóxico e comprobei que non tiña nada que ver nin coa formación que recibira nin co que facía a diario. Nos anos seguintes traballei nalgún programa de cooperación, fixen algunha formación en países con máis tradición de atención ao parto minimamente intervido, e finalmente en 2009 atendín un parto en casa

Cristina: Sei que es unha persoa con moitas inquedanzas, falas varios idiomas, viaxas
sempre que podes, … como se conectan estas vertentes da túa vida coa túa
profesión?

Sofia: Retroaliméntanse. As miñas etapas persoais menos expansivas son
tamén etapas máis pobres a nivel laboral. Ofrezo máis e mellores cousas nos
períodos que teño máis tempo para min, que recibo máis …

Cristina: Que cres que podes aportar ao proxecto MOMMASCOFFEE?

Sofia: Nin idea. Probemos a ver …

Cristina: Es unha persoa moi faladora, un torrente de información e experiencias, e
chamoume a atención cando naceu Antón, o silencio, calma e respecto que
mantiveches durante todo o proceso do meu parto. Como vives esa parte do teu
traballo, onde está a túa cabeza?

Sofia: Non me custa manterme expectante. A información
e o relato como distractor tamén poden ser terapéuticos nun parto, pero a maioría das
veces non chegan a facer falla

Cristina: Xa por último, poderemos verte nalgún dos encontros previstos no proxecto?

Sofia: Feito
Cristina: Moitas gracias!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio