Entrevista con Esther Pedrosa

Esther Pedrosa é a atleta santiaguesa que durante décadas foi unha referencia para o deporte
feminino compostelano. Dende que no ano 1986 gañara o “Campeonato de España de Gran
Fondo” non parou de subir ao podium. Aos seus 57 anos, segue a superarse facéndose con
novos títulos mundiais na súa categoría.

Esther é unha deportista de élite, adestradora persoal, Técnica da Universidade de Santiago de
Compostela, en definitiva, unha profesional de éxito, que ademáis, quita tempo para dar os seus
primeiros pasos na política local e poder aportar á súa comunidade.
Todos esta frenética e fructífera traxectoria profesional e deportiva, non só, non lle impediu ser
nai, senón que hoxe a súa filla, Raquel Suárez Pedrosa, está a seguir os seus pasos.
Todo en ela é inspirador e hoxe comparte con nos a súa experiencia.

Paula: Cando Comezaches a interesarte polo deporte?
Esther: Pois… de rapaza, con catorce anos, cando a profesora de educaión física, díxome que tiña
actitude para facer vallas… e se quería probar… aí.

Paula: Consideras que elexiches ti o atletismo ou o atletismo elexiute a ti?
Esther: Considero que o atletismo elexiume a min, aínda que eu facía máis deportes, sempre fun unha
rapaza de estar xogando cos rapaces, e creo que o atletismo chamoume.

Paula: Como se chega a ser unha deportista de élite?
Esther: Pois empecei de rapaza nunha escola de atletismo onde che inculcan os valores necesarios
para querer superarte en tódolos aspectos e pouco a pouco foime absorvendo e fun desexando
sempre alcanzar unha meta máis complicada e eso levoume a ser profesional.

Paula: Repasando a túa biografía, puiden comprobar que, case todos os teus éxitos no mundo
deportivo, son posteriores a ter sido nai, crees que se pode ser nai, profesional e deportista de
alto nivel a un tempo?
Esther: Eu desde pequena destaquei a nivel de categorías inferiores, o que pasa, que claro, fun nai moi
cedo, aos dezanove anos, entón, unha vez que tiven a nena, plantexeime seguir ou non, e decidin
tomar ese camiño, a pesares de que era coplicado, porque ademáis, naquel tempo non había
garderías nin axudas para nada… e tiñas que estar sempre ca rapaza na pista, entrenando… pero
creo que, se alguén quere algo na vida, pódese lograr.

Paula: Estiveches retirada da alta competición, pero voltaches no 2010, cal foi o motivo?
Esther: Pois mira, naquel tempo a miña filla estaba estudando en Oviedo Bioloxía, e nese impás, eu
deixei o atletismo un pouco saturada polas competicións, quería vivir un pouco tranquila, e cando
a miña filla voltou ela non tiña con quen adestrar porque todas as rapazas da súa idade estaban
xa noutros deportes… ou noutras facetas da vida… e decidín empezar con ela outra vez de cero
para axudala e pouco a pouco… pois… cheguei arriba outra vez.

Paula: Agora como atleta, na categoría Master, non paras de acadar novos títulos… cal foi o último?
Esther: Pois acabo de estar en Torum, en Polonia, onde acadei tres medallas de prata en 1500, 3000 e
cross; estou segunda clasificada do mundo en 1500 e creo que estou adestrando para conseguir
a mellor marca do mundo… pero é complicado… porque nunca sabes se as lesións te respetarán
ou non.

Paula: Ademáis de todo esto a túa traxectoria profesional é impresionante, podes compartir con nos a
que te adicas?
Esther: Son Técnica da Universidade de Santiago de Compostela do Servizo de Deportes onde
coordino toda a parte de competicións e levo as redes sociais tamén da Área de Deporte e tamén
neste momento estoume a presentar como candidata nas eleccións municipais á alcaldia do
Concello de Santiago de Compostela.

Paula: Cómo é posible destacar en tantos campos?
Esther: É unha custion de organizarse e de prioridades, pero sobre todo de motivación, se estás
motivada para conseguilo, o corpo da para todo

Paula: Xa para finalizar, que lle aconsellarías ás nosas lectoras, que agora mismo estanse a enfrentar
a retos durante na maternidade?

Esther: Sobre todo, que teñan vontade de facer algo de exercicio, que ser nai non quere dicir que…
non é unha enfermidade, e non estamos impedidas, podemos combinar todo, o traballo o
deporte e incluso disfrutar dos nosos fillos. Creo que é moi gratificante ir facendo cousas, non
centrarse só nos fillos, porque o fin e o cabo os fillos logo… os fillos crecen e ti quedas aí… e
tamén é un exemplo para eles ir progresando no teu campo.

Paula: Moitas grazas Esther, coma sempre, un pracer escoitarche.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio