Acerca do proxecto

Benvidas ao MOMMAS coffe- Masters of Motherhood Making Awesome Stuff, inspiración, aprendizaxe, intercambio e ferramentas de desenvolvemento persoal para as mamás.

Este é un proxecto de aprendizaxe  intercultural, experimental e  innovador dirixido ás nais. Invitamosvos a unha viaxe virtual achegándonos a 3 realidades da Europa: Galicia, República Checa e Polonia, para descubrir e falar acerca do que significa ser pais. 

O noso proxecto está creado por 3 organizacións non gubernamentais: Asociación veciñal Minas da Brea dende Galicia, LOS – Libereckáobčanská společnostdende a República Checa e  Unesco Initiatives Centre dende Polonia e está financiada con fondos europeus a cargo do programa Erasmus +.

POR QUE?

Tempos atrás as diferentes xeracións familiares reunianse para falar, compartir e aprender uns dos outros, adentrándose na aprendizaxe colectiva.

Moitas cousas mudaron dende entón, máis polo miúdo, o papel das mulleres na sociedade. Como as mulleres, nos tempos actuais, atopan o tempo e  o momento para escoitar a súa voz interior, como combinan as súas vidas familiar e laboral, obtendo ao mesmo tempo delas, a inspiración e o coñecemento  para exercer a súa función parental.

PARA QUE?

Para darlle ás nais un espazo persoal de crecemento e coñecemento e para crear unha comunidade de aprendizaxe tanto a nivel internacional como a nivel de participantes locais, en cuestións relativas ao crecemento persoal, xestión do tempo, tempo para a autorreflexion, autoasesoramento e outras ferramentas de desenvolvemento persoal aprendidas de outr@s,. Compartindo coñecemento, a partires da aprendizaxe simple e por aproximación o que serve de axuda para coidar de nós mesm@s e d@s nos@s fill@s, pasando pola alimentación saudable, plantas mediciñais, técnicas de relaxación ou simplmente xogos creativos para os nosos rapaces.

COMO?

A través de:

  • Desta REVISTA MOMMAS ONLINE, centrada na crianza dende unha perspectiva intercultural, e co propósito de compartir as nosas experiencias coa comunidade online.
  • 3 encontros internacionais de 5 días de duración cada un.
    • Abril de 2019 en Polonia
    • Outubro de 2019 na República Checa
    • Febreiro de 2020 en Galicia
  • Actividades locais, mediante encontros seguindo a metodoloxía World Cafe, organizados polos participantes, co fin de reflexionar sobre a maternidade dende un eido local.

Seguidenos no Facebook, lendo os nosos artigos escritos polas nosas participantes provintes de Europa. Que a enerxía che acompañe!!

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio